As
datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade dentro do
espazo "datas de exames". Os
traballos entregaranse na mesma semana en que se termine o tema e de forma
previa ao comezo do tema seguinte. Para
superar a materia é necesario ter aprobadas a parte teórica (avaliada coa proba
obxectiva) e todas as actividades da parte práctica (inclúe traballos de aula e estudos de caso realizados de forma colaborativa). As
partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto deavaliación
na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. En
coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e
Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades
específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa
PIUNE (PAT). Coa
finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica,
os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación
adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a
consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste
documento. Na plataforma Moovi informarase das tarefas e probas de avaliación
que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio. |