Estudantado que opte pola avaliación continua (80% de asistencia): Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar cada un dos traballos que se indiquen, o proxecto de biblioteca de aula e o exame. Tamén se terá en conta a participación en eventos científicos. As partes da materia superadas na primeira oportunidade non serán obxecto de avaliación na segunda, considerándose, polo tanto, aprobadas nese curso académico. Estudantado que opte pola avaliación global: Será avaliado mediante as mesmas probas e traballos que na modalidade de avaliación continua. Contará co seguimento da docente e cos documentos-guía na plataforma moovi e as correspondentes adaptacións. A elección de unha ou outra modalidade de avaliación será comunicada á docente nas primeiras seis semanas de inicio de cuadrimestre para marcar o plan de traballo. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).
Coa
finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica,
os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación
adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a
consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste
documento. Abrirase
un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e
probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado
do curso ponte ou profesionais en exercicio |