Presentación |
Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. |
|
Simulación |
O/A estudante desenvolve as actividades nas que se reproduce ou representa de xeito simplificado, destacando os aspectos máis importantes, unha situación , ou un proceso da vida real ou hipotético obxecto de estudo. |
|
Autoavaliación |
Balance reflexivo e persoal do propio proceso de aprendizaxe no que se inclúe a perspectiva do alumno/a respecto á proposta de actividades, materiais e orientación do curso. |