Alumnado que opte pola metodoloxía de avaliación continua (80% de asistencia):
Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar cada un dos traballos que se indiquen e o exame. As partes da materia superadas na primeira oportunidade non serán obxecto de avaliación na segunda, considerándose, polo tanto, aprobadas nese curso académico. Ver datas dos exames na páxina web da Facultade. Aqueles estudantes que, por causa xustificada, NON POIDAN ASISTIR regularmente serán avaliados: - Proba escrita: 50% -Traballo escrito, sobre un tema ou parte dun tema: 50% Comunicaralle á persoa docente a súa decisión de aterse á metodoloxía de avaliación global nas primeiras seis semanas de
inicio do cuadrimestre para marcar un plan de traballo Data do exame: consultar a web da facultade. A participación en eventos científicos terase en conta como parte da nota (5%). En caso de non asistencia XUSTIFICADA a estes eventos, deberase realizar un traballo. O lugar de publicación das cualificacións e da revisión será no taboleiro de anuncios do despacho do profesorado responsable e/ou na Plataforma Moovi ou en calquera outro espazo dixital que se lle especifique. Se o alumno/a non o especifica durante a primeira semana de clase, enténdese que da o seu permiso para que os seus datos (nome completo) aparezan nos listados de notas, tanto en Moovi como noutro espazo. A data de revisión será a publicada pola facultade ou no seu defecto polo profesorado. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |