Guia docente 2024_25
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica da lingua e literatura: Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte da docente dos contidos da materia, bases teóricas e /ou directrices dun traballo, actividade ou proposta educativa a desenvolver polos estudantes.
Aprendizaxe-servizo Combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto articulado onde os/as participantes aprenden a traballar nas necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala.
Aprendizaxe colaborativa Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa
propia aprendizaxe.

Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e Traballo social.
Presentación Exposición por parte do alumnado de temas sobre contidos da materia ou dos resultados de
análises, tarefas, traballos, experiencias, prácticas etc.
Eventos científicos Participación no ciclo de LIX organizado pola Facultade.
Obradoiro A partir da selección de textos literarios, procederase á súa reescritura para, posteriormente, seren
dramatizados mediante o emprego de diferentes estratexias e recursos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000