a. Debido á importante carga práctica da materia, é altamente recomendable a asistencia regular ás sesións presenciais, tanto ás Sesións A como ás Sesións B.
b. Esta materia forma parte do Proxecto de Innovación Docente da Facultade de Educación e Traballo Social e do ciclo integrado do Programa Universitario de Maiores da UVIGO.
c. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
d. É necesario consultar a aula virtual da materia ao menos unha vez por semana, así como ter activo o correo electrónico institucional da UVIGO e usalo para as comunicacións co profesorado. Co fin de asegurar a privacidade e garantir a identidade, non se atenderán mensaxes electrónicas enviadas dende contas alleas ás da UVIGO. En todo caso, as consultas que se precisen facer á coordinadora da materia faranse de modo presencial, ben en clase, ben presencial ou telefonicamente nas titorías, nunca por e-mail.
e. Os traballos deberán ser orixinais. A detección de plaxio ou copia de traballos suporá o suspenso na convocatoria correspondente. Agás na realización de traballos coordinados entre materias, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias a efectos de avaliación.
f. Dentro da lóxica do camiño cara a sociedades máis inclusivas e igualitarias, e seguindo os principios de igualdade cos que está comprometida esta universidade, recoméndase facer uso da linguaxe inclusiva (especialmente no referido a colectivos vulnerables) e non sexista tanto nos traballos como nas producións orais.
|