Para poder acollerse á avaliación continua será necesario asistir ás sesións lectivas de aula-laboratorio nun 85% do tempo presencial, cun aprovechamiento idoneo. Para superar a materia é necesario alcanzar en cada un dos apartados que se valoran unha puntuación mínima do 50% e a presentación dun traballo práctico cunha temática relacionada coa materia.
Aqueles estudantes que non poidan asistir ás sesións lectivas de aula-laboratorio, terán que falar coa profesora ao comezo de curso, para concretar o traballo práctico obligatorio que terán que presentar. En tal caso, o criterio de avaliación será: traballo práctico individual ata 30% e exame final ata 70%.
No exame final, suscítanse cuestións cuxo grado de dificultade é semellante ao das consideradas no traballo de aula e de laboratorio.
1ª Convocatoria: A nota final obterase pola suma porcentual de cada unha das cualificacións dos traballos de aula, prácticas de laboratorio e probas de resposta curta. En todo caso será necesario alcanzar unha cualificación mínima de aprobado en cada un dos apartados establecidos. De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
2ª Convocatoria: Aqueles alumnos que superen algunha das partes que se avalian, gardaráselles a nota que será sumada e ponderada á que obteñan no apartado que se evalue nesta segunda convocatoria.
As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxectode avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese cursoacadémico As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo "datas exames". En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ásnecesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito aoprograma PIUNE (PAT). |