Os contidos desenvolvidos nesta materia constitúen o fundamento da materia de educación Física en Educación Primaria, que se desenvolverá no próximo curso. Ambas materias contribúen a adquirir un perfil para a intervención a través da motricidade e tamén para a interrelación con outras áreas, como a Expresión Musical ou a Expresión Plástica.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). |