RECOMENDACIÓN:
1) Actitude favorable e receptiva para a experimentación e exploración das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías no campo educativo.
2) Asistencia continua ás sesiones de teoría e prácticas. A asistencia considérase fundamental para o seguimento da materia por parte do alumnado e para avaliación, por parte dos docentes, do grao de desenvolvemento das capacidades instrumentais e procedimentais.
3) Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS) .
4) Esta materia forma parte do proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e Traballo Social |