Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación primaria
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1: As TIC na sociedade da información 1.1. Alfabetización tecnolóxica e a competencia dixital
1.2. Impacto social e educativo da cultura audiovisual e dixital
1.3. Papel dos centros educativos na sociedade da información
Tema 2: A integración das TIC en contextos educativos 2.1. Factores que inflúen na súa integración
2.2. Perspectivas curriculares e modelos de integración do TIC
2.3. Proxectos nacionais de implantación do TIC nos centros e Proxecto Abalar/EDixgal en Galicia
Tema 3: Recursos multimedia para a educación primaria 3.1. Concepto, clasificación e características dos multimedia educativos.
3.2. Funcións e orientacións para o uso didáctico do multimedia educativo.
3.3. Selección e avaliación de multimedias educativos.
3.4. Deseño e elaboración de materiais didácticos multimedia.
Tema 4: Recursos web para a educación primaria 4.1. Aplicacións educativas da Web 2.0 e traballo colaborativo na rede.
4.2. Metodoloxías de traballo con Internet na aula: webquest, cazas do tesouro...
4.3. Seguridade da infancia en Internet
4.4. Contornas virtuais de ensino-aprendizaxe
Tema 5: Novos recursos para o proceso de ensino- aprendizaxe 5.1. Do libro de texto ao libro dixital
5.2. O Encerado Dixital na aula. Metodoloxía de traballo
5.3. Dispositivos móbiles, m-learning e realidade aumentada.
5.4. Videoxogos e gamificación
5.5. Robótica

Tema 6: A linguaxe e os medios de comunicación de masas en educación primaria 6.1. Lectura de imaxes. A imaxe dixital.
6.2. Novas narrativas audiovisuais: videoclips e podcast.
6.3. A televisión e a publicidade na aula.
6.4. Utilización educativa do vídeo e do cinema.

Tema 7: Inclusión educativa con apoio das TIC 7.1. As tecnoloxías de apoio á diversidade: tipoloxías e funcións.
7.2. Experiencias de integración das TIC para a inclusión educativa.
Tema 8: A avaliación e a tutoría a través das TIC 8.1. O portafolio e a rúbrica electrónica para a avaliación e seguimento da aprendizaxes
8.2. A acción titorial mediada por TIC
PARTE PRÁCTICA:
As prácticas, que se concretarán na primeira semana de clase en función dos coñecementos previos dos alumnos/as e a disponibilidade de recursos, serán proxectos de traballo individuais ou en pequeno grupo.
Elabórase un E-PORTFOLIO ao longo do cuadrimestre, que contén, entre outros, a colección ou compilación en formato dixital de cada un dos recursos ou actividades elaboradas e reflexións derivadas. A parte práctica da materia será exposta oralmente ao final do cuadrimestre.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000