Para superar a materia é necesario ter unha puntuación mínima na teoría (2'5 puntos de 5 puntos de teoría, obtendo mínimo no exame 2 puntos) e nas prácticas (2'5 puntos de 5 puntos de prácticas). As partes da materia superadas na
1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,
considerándose, polo tanto, como aprobadas no curso
académico. A avaliación para o alumnado asistente e non asistente é a mesma. As competencias non adquiridas serán avaliadas en 2ª convocatoria e, de non aprobarse, entón non se gardarán as notas para a seguinte convocatoria. Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non a clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo "datas exames" En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |