As actividades prácticas e tarefas de aula serán entregados e avaliados nas datas establecidas no cronograma da materia presentado o 1º día de clase (dispoñible en moovi, espazo da materia). As probas de avaliación faranse ao finalizar a materia. Pódese consultar día/hora/lugar das probas na páxina web da Facultade (apartado datas exames) para cada convocatoria (xuño, xullo). Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia (avaliación continua) ou non (avaliación global) ás clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxeto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, aprobadas nese curso académico. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social,
esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa
finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos,
planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do
curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi
na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta
materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |