Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar (cun 50% como mínimo) cada un dos tres apartados arriba mencionados. En caso de PLAXIO a cualificación será de SUSPENSO. Efectuarase un seguimento de asistencia a clase. En segunda convocatoria e para o alumnado que non se acolle á avaliación continua e/ou non asiste ao 80% das clases, realizarase un exame final que englobe todos os contidos e destrezas. Consistirá nunha presentación da unidade didáctica en horas de tutoría (40%), unha proba de exame oral en inglés (30%) e dun exame final tipo test con contidos prácticos e teóricos (30% - o alumnado terá que aprobar cada unha das dúas partes do examen escrito, cun mínimo de 5 sobre 10 na parte práctica, y 5 sobre 10 na parte teórica). As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de
avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. Data do exame: Consultar a web da facultade no menú Datas exames. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para estudantado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi, na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para estudantado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |