Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Escola inclusiva e atención á diversidade
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Psicoloxía: Prevención e tratamento das dificultades na aprendizaxe infantil/O05G110V01305

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación infantil/O05G110V01102
Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil/O05G110V01103
Educación: Organización do centro escolar/O05G110V01203
Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 0-6 anos/O05G110V01104
 
Outros comentarios
Recoméndase: 1) Asistencia continuada a clases. A asistencia considérase fundamental para o seguimento da materia por parte do alumnado e para a avaliación, por parte dos/das docentes. 2) Dominio da informática a nivel usuario, o que supón o manexo de aplicacións de carácter xeral (por exemplo, de tratamento de textos, base de datos, programa de presentacións...), do correo electrónico e Internet. 3) Actitude favorable e receptiva para a aprendizaxe. 4) Convén certo dominio de recursos informáticos (internet, tratamento de textos, programa de presentación, ...) e adecuado uso da biblioteca (saber realizar procuras de información bibliográfica, bases de datos, etc.). Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). É recomendable participar nos cursos de formación ofrecido polo servizo da biblioteca da Universidade, participar en cursos, seminarios e conferencias sobre os contidos da materia e sobre tecnoloxías de apoio á diversidade, desenvolver sesións indagativas con estas novas tecnoloxías a nivel persoal (a través de ensaio e erro), coa axuda de compañeiros/as do mesmo curso e titulación ou de outros cursos e carreiras afíns, de persoas próximas ou do/a docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000