Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Escola inclusiva e atención á diversidade
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B2 Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva
B3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas do estudantado, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos
B11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela no estudantado.
C8 Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e da docente na atención ás necesidades educativas especiais que se susciten
C10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
C19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
C21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do periodo 0-3 e do periodo 3-6.
C22 Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
C23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e a mellora en educación infantil.
C30 Participar na elaboración e seguimiento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e en colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
C61 Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e, en particular, de ensino e aprendizaxe mediante o dominio de técnicas e estratexias necesarias.
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D7 Resolución de problemas
D9 Traballo en equipo
D12 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
D13 Razoamento crítico
D14 Compromiso ético
D16 Adaptación a novas situacións
D17 Creatividade
D19 Coñecemento doutras culturas e costumes
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000