Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directoras dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Exposición, por grupos, diante do grupo mediano, e despois por escrito ao profesor, dos resultados da valoración de tres alumnos/as de educación infantil (3, 4 e 5 anos), utilizando probas adaptadas a este alumnado co obxecto de detectar posibles causas das dificultades de aprendizaxe que poida manifestar un alumno/a e actuar en consecuencia. |
Traballo tutelado |
O estudante presenta no grupo pequeno oralmente, e logo ao profesor por escrito, exercicios adaptados ao alumnado de educación infantil, elaborados a partir das lecturas propostas polo profesor |
Aprendizaxe colaborativa |
O estudante en grupos base traballará contidos teóricos e prácticos a través de diferentes estruturas cooperativas simples e complexas.
Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facutlade de Educación e Traballo social. |