Existen dous tipos de avaliación:
Modelo A (continua): O alumnado que asista regularmente
a clase terá que presentarse
obrigatoriamente ao exame final e acadar como mínimo un 4, para poder sumar as notas
obtidas nos traballos do curso.
Modelo B: O alumnado que non asista
regularmente a clase, ademais
do exame, terá que realizar un traballo oral e outro escrito,
sobre as temáticas acordadas co docente. Para facer media, no exame debe acadar
como mínimo un 4 e nos traballos como mínimo un 3.
As partes da materia
superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación
na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.
As datas oficiais
dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'datas exames’.
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).