Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Elaboración dunha actividade de expresión escrita, unha de expresión oral e un test.
30 D1
D2
D3
D7
D11
D12
D13
D14
D15
D17
D18
Traballo tutelado Dous proxectos tutelados en grupo, que deben ser presentado oralmente, ademais da súa entrega por escrito.
Terase en conta a involucración e participación do alumno/a nos proxectos.
30 D1
D2
D3
D7
D13
D15
D17
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita de carácter práctico.


30 D1
D3
D7
D13
D15
Observación sistemática Avaliarase a participación, involucración, interese e traballo en todas as actividades realizadas na aula. 10 D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



 Dous Tipos de avaliación:

Modelo A (continua): O alumnado que asista regularmente
a clase terá que presentarse
obrigatoriamente ao exame final e acadar como mínimo un 4, para poder sumar as notas
obtidas nos traballos do curso.

Modelo B: O alumnado que non asista
regularmente a clase, ademais
do exame, terá que realizar un traballo oral e outro escrito,
sobre as temáticas acordadas co docente. Para facer media, no exame debe acadar
como mínimo un 4 e nos traballos como mínimo un 3.

As partes da materia
superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación
na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

As datas oficiais
dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'datas exames’.

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000