Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía física
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas O alumnado realizará un cuestionario razoado, de análise e interpretación dos aspectos relacionados coa temática teórica da Xeografía Física.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos fundamentais da Xeografía Física, a Xeografía Humana e a Análise Xeográfica, integrados no proceso do desenvolvemento do campo disciplinar da Xeografía; Toma de conciencia sobre as aportacións da ciencia xeográfica no ámbito académico e social, manifestada a través dun razoamento crítico que incida en aspectos ambientais e culturais.
20
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado realizará un cuestionario razoado, de análise e interpretación dos aspectos relacionados coa temática teórica da Xeografía Física. As cuestións plantexadas requiren una resposta estructurada e reflexiva.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos conceptos fundamentais da Xeografía Física, a Xeografía Humana e a Análise Xeográfica, integrados no proceso do desenvolvemento do campo disciplinar da Xeografía; Toma de conciencia sobre as aportacións da ciencia xeográfica no ámbito académico e social, manifestada a través dun razoamento crítico que incida en aspectos ambientais e culturais.
40
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado, valorando aprendizaxes e accións (orde, precisión, destreza, eficacia, participación activa) a través do traballo autónomo en todos os escenarios docentes.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Toma de conciencia sobre as aportacións da ciencia xeográfica no ámbito académico e social, manifestada a través dun razoamento crítico que incida en aspectos ambientais e culturais.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado resolverá os problemas e cuestións plantexadas , aplicando
os coñecementos para o análise das situacións na aula e fora da aula.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Habilidade para a
realización de traballo, utilizando técnicas de carácter cualitativo e
cuantitativo, e posta en valor para a diversidade e benestar social.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous
sistemas de avaliación: continua (probas e actividades desenvolvidas ao longo
do cuatrimestre) e global (datas oficiais de exame para cada oportunidade de
avaliación establecida no calendario académico), entre os que o alumnado poderá
elexir. Para superar a avaliación contínua o alumnado deberá acadar una
calificación mínima do 50% en cada un dos ítems de avaliación. O alumnado que
non cumplimente un mínimo do 80% das actividades prácticas nos prazos
establecidos, pasará ao modelo de avaliación global. En caso de non acadar a
calificación mínima nalgún dos ítems de avaliación, a máxima nota posible será
a máis alta dentro do suspenso (Artigo 32.2 do Regulamento sobre a Avaliación
da Universidade de Vigo, do 2023).

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de
presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir
e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos
seguintes recursos: Curso virtual naplataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo
electrónico. Docencia presencial:seguimento na aula. Docencia nonpresencial:
Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que
teñan recoñecida a modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través
do Curso Virtual na plataforma deteledocencia MooVi, da Universidade de Vigo,
que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das
competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus
contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a
disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de
autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se
"copien no sustancial obras alleas, dándoas comopropias" (dle-rae).

Para todo o
alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación,
xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente
establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a
través das TIC farase apartir das ferramentas propias da plataforma
(participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en
liña, etc.).

Respecto aos
eventos científicos (horas reservadas para a asistencia a actividades de
temática transversal organizadas pola Área, o Departamento ou a Facultade), no
caso do alumnado semipresencial, as actividades que requiran presencialidade
serán substituidas por otras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da
calificación final (observación sistemática).

Aqueles
estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación
global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo
de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do
Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, do 2023). O
estudantado que opte pola modalidade de avaliación global será avaliado do
programa da materia mediante una proba teórica (60%) e unha proba práctica (40%) e deberase acadar un mínimo do 50% da
calificación máxima en cada un deles para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000