Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral.
Lección maxistral
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Posibilidade de desenvolvemento de exemplos prácticos co obxectivo de clarificar os conceptos teóricos.