AVALIACIÓN CONTINUA (AC) Cada unha das dúas partes debe superarse, indistintamente: teórica (a través de tres probas parciais), ou práctica (mediante avaliación continua de traballos individuais e en grupo, resolución de exercicios e saídas formativas). É dicir, é necesario un mínimo do 50% en cada unha das partes para poder facer a media coa outra parte. As condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais para a convivencia, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable. AVALIACIÓN GLOBAL (AG) Se o alumno non opta pola avaliación continua, terá que realizar unha proba escrita. Dita proba constará de tres partes: Test (nota 20%); preguntas curtas e de desenvolvemento (40% de nota); Resolución dun caso práctico (40%). A duración da proba será de noventa minutos. Na segunda convocatoria (2ª OPORTUNIDADE), manterase o procedemento de avaliación anteriormente descrito. As datas e horarios das probas de avaliación das distintas convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2023-24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as indicadas na páxina web da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. AVISOS DE AVALIACIÓN O alumnado matriculado manifestará formalmente (por correo electrónico ou a través de Moovi) a súa intención de participar no sistema de avaliación continua. O prazo para o cambio ao sistema global de avaliación será o establecido pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. |