Para superar esta materia é imprescindible acadar unha puntuación de 5 entre a resolución de problemas e/ou exercicios e o exame de preguntas de desenvolvemento. Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moovi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi). Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae). Para todo o alumnado especificaranse en Moovi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de "avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta. |