Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia medieval universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliación mediante unha proba ao rematar as sesións teóricas con preguntas abertas a desenvolver sobre temas ou cuestións da materia. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal. Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia. Para aprobar a materia no seu conxunto será preciso obter un 5 nestas probas. 40
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado mediante a súa participación na realización e presentación de tarefas propostas na plataforma moodle .
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou universal.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliaranse os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado nos seminarios sobre exposicións, comentarios, etc.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e á súa contorna.
20
Traballo Avaliaranse os coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado na realización e estruturación do traballo así como a súa capacidade de exposición.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Elaboración de traballos básicos e de iniciación.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade
necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles.
O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na
plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial:
seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non
presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir
a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da
Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición
das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus
contidos teóricos como prácticos. A utilización dos
materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar
os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame
nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias"
(DLE-RAE).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as
metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de
entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento
individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a
partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de
acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

Todo o alumnado matriculado na materia ten dereito a dispor como alternativa de probas de avaliación global (artigo 64.g dos Estatutos daUniversidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico relacionado coa materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Dito exame constará dunha proba de resposta curta e un comentario de texto. A nota final repartirase entre as tres probas do xeito seguinte: proba de resposta curta: 40%; comentario de texto: 30%; traballo: 30%.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000