Para avaliación do alumno o titor académico terá en conta: Entrevistas realizadas co titor da universidade, Elaboración da memoria por parte do alumno, Informe realizado polo titor na empresa ou institución á finalización da práctica, Informe realizado polo alumno á finalización da práctica. A entrega da documentación por parte do alumno será como mínimo 20 días antes do peche das actas de cada convocatoria. No caso de non superar a materia na primeira convocatoria o titor, tendo en conta a documentación achegada pola empresa ou organización onde se fixeron as prácticas e polo alumno, decidirá sobre a forma de superar a materia en 2ª convocatoria, se é o caso. |