A descrición desta guía está pensada para a modalidade de avaliación continua. A nota obtida polo alumno na parte presencial (contidos prácticos da materia), terá vixencia para as convocatorias ás que dá dereito a matrícula de cada curso académico. As persoas que decidan optar por seguir a avaliación non continua, deberán acudir ao exame final con todo o contido (teórico+práctico), é dicir, alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación. No caso de renunciar á avaliación continua e optar a ser avaliado nun exame final, o alumno deberá comunicar esta decisión vía mail a naraujo@uvigo.es entre o 21 de xaneiro e o 21 de febreiro de 2025. A profesora responderá o mail aceptando o cambio de modalidade de avaliación. En caso de non recibir mail de aceptación, o cambio non será válido. O alumnado que participe no programa ApS (Aprendizaxe por Servizos), terá que realizar un dossier de aprendizaxe e observación sistemática sobre a temática do programa. Para a avaliación poderá exixiser unha defensa oral. Esta nota supón o 60% da nota final da materia(equivalendo á nota de avaliación continua do alumnado que vai pola modalidade presencial e/ou ao exame práctico). Por tanto, está obrigado a realizar o exame teórico para acadar o 40% restante. Débese superar, indistintamente, cada unha das dúas partes: teórica (a través do exame final), ou práctica (a través da avaliación continua mediante a resolución dos casos, debates, etc. ou a través do exame final). É dicir, exíxese un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das partes de materia (teoría e práctica). As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro . En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. Condutas inadecuadas, contrarias e perxudiciais á convivencia e á súa corrección, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable. |