A materia conecta ao estudante con aspectos da mercadotecnia básicos para coñecer e entender o mercado e aos consumidores. En concreto, a materia Mercadotecnia turística pretende profundar no estudo da mercadotecnia estratéxica e das ferramentas de análise e planificación do mercado de cara a desenvolver estratexias exitosas para as empresas turísticas.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.