Nesta materia é moi recomendable a asistencia regular ás clases teóricas e prácticas. Trátase dunha materia moi extensa e que trata de perfilar un marco para a comprensión do sector turístico dentro da economía mundial e española. Por tanto, é unha materia básica útil para posteriormente profundizar nos diferentes aspectos do turismo. Recoméndase tamén a participación nas actividades voluntarias propostas, pois ademáis de puntuar para a nota final (no caso da avaliación continua), facilitan a reflexión e comprensión de conceptos explicados ao longo do temario.
Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requerir reaxustes ó longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir.
Asimesmo, aportarase ó alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. |