Resolución de problemas e/ou exercicios |
Consiste na realización, coa axuda dun programa informático, de problemas sobre os contidos da materia |
70 |
|
B1 B2 B13 B14
|
C9 C10 C12 C16
|
|
Segundo o procedemento e o período establecido polo centro, o alumnado deberá decidir o seu método de avaliación entre os seguintes: AVALIACIÓN CONTINUA: Parte práctica: Realizaránse probas ou traballos co ordenador, ningun/ha superará ol 40% de ponderación. Se as notas individuais de cada actividade chegan ao 3 (sobre 10) entón a nota promedio déstas é a nota da parte de prácticas. En caso contrario a nota da parte de prácticas será o mínimo entre 4 e a nota promedio das actividades.
Parte teórica: Poderá constar dunha única proba tipo test/preguntas curtas ao finalizar o curso ou na entrega de varios traballos, cando o indique o profesor, onde se apliquen as técnicas estatísticas vistas ata o momento. Para calcular a nota da parte de teoría no caso da entrega dos traballos terase en conta que:
- Se as notas individuais de cada traballo chegan ao 3 (sobre 10) entón a nota promedio déstes é a nota da parte de teoría.
- En caso contrario a nota será o mínimo entre 4 e a nota promedio dos traballos.
Para supera-la materia o alumno ten que acadar como mínimo un 4 na parte teórica (sobre 10) e un 5 na suma ponderada das dúas notas. As actividades de evaluación a realizar dependerán do número de estudantes, medios para traballar, etc. O estudante estará correspondentemente informado de calquera cambio que se puidese producir debido a situacións imprevistas.
Haberá un sistema de avaliación alternativo para os alumnos que opten á avaliación global consistente nunha única proba onde se avaliará os contidos expostos ao longo do curso. Consistirá na resolución de problemas teórico/prácticos contando coa axuda do software estatístico R.
OUTRAS CONVOCATORIAS O sistema de avaliación das outras convocatorias (Xullo e Fin de Carreira) para todos os alumnos será o de avaliación global. Aquel estudante que utilice ou coopere en procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ... ) nalgunha das actividades de avaliación terá unha calificación final de suspenso neste curso académico. Este feito lle será comunicado a autoridade competente para que tome as correspondentes accións disciplinarias que considere oportunas As datas e horarios das probas de avaliación dos diferentes períodos son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobados pola Xunta de Centro para o curso actual. |