Exame de preguntas de desenvolvemento |
Proba de avaliación das competencias adquiridas que combinará preguntas tipo test, sobre conceptos teóricos, con preguntas de desenvolvemento sobre un tema ou subtema da materia. |
40 |
|
B1 B2 B5 B8 B9
|
|
D3 D4 D5
|
Debate |
Debates e discusión ordenadas na aula en torno as temáticas tratadas durante
o curso. |
10 |
|
B1 B2 B5 B8 B9
|
|
D3 D5
|
O alumnado da modalidade Presencial terá que asistir polo menos ao 75% das clases para ser avaliado nesta modalidade.
Será necesario obter polo menos un 4 sobre 10 puntos en cada un dos dous tipos principais de avaliación: no exame (parte teórica) e no traballo de investigación (parte práctica). É dicir, mínimo de 4
puntos na avaliación do exame (parte teórica) e un mínimo de 4 puntos na avaliación do
traballo de investigación (parte práctica), para poder sumar as notas dos dous tipos de avaliación e
así establecer a nota final da materia (que incluirá as notas da presentación e da participación nos debates). Se se aprobase só unha parte e entre as dúas partes non se sumase o aprobado,
gardarase a nota da parte aprobada para a 2ª oportunidade-convocatoria de xullo, onde o alumnado terá que facer un
exame sobre a parte non aprobada (preguntas de contido teórico ou práctico da materia, dependendo da parte da materia a
recuperar).
O alumnado Non Presencial, que non acuda ás clases da materia, ten dereito a exame nas datas das convocatorias oficiais; o exame suporá o 100% da cualificación. O alumnado da modalidade Non Presencial deberá examinarse na data oficial do exame mediante unha proba escrita de preguntas que terá dúas partes diferenciadas: a) preguntas sobre o contido teórico (tipo test e de desenvolvemento) e b) preguntas sobre a parte práctica de metodoloxía e formulación dun traballo de investigación.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación, aprobada pola Xunta de Centro para o curso 2023-2024. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.
|