Convocatoria ordinaria: Nesta asignatura realizarase unha avaliación continua do traballo realizado polo alumno.
Para superala asignatura por avaliación contínua deben cumplirse duas condicións : 1. Acadar alomenos un 25% da nota
nas tres probas realizadas (test, proba temas 1-4; proba temas 5-7). 2. Obter alomenos 5 puntos na suma das dúas metodoloxías de
avaliación propostas (probas test; proba temas 1-4 ; proba temas 5-7). A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (temas 1-4 e temas 5-7) suporá que o estudante deixa de ser
avaliado en Avaliación Continua. Tamén se sairá da Avaliación Continua se non se acada alomenos un 25% da nota máxima
en cada un dos tres itéms avaliables (proba temas 1-4, proba temas 5-7 e tests). A nota final por Avaliación Continua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Aqueles estudantes que se
queden fora da Avaliación Continua terán a opción de presentarse á proba de Avaliacion Global na convocatoria oficial. Esta
proba de Avaliación Global consistirá na realización de varios casos dos temas 1-7 A proba
Avaliación Global suporá o 100% da cualificación e non terá en conta os puntos obtidos en Avaliación Continua.
A elección da modalidade de avaliación global correspóndelle a cada estudante, que poderá levala a cabo ata o 11 de
outubro inclusive. Convocatoria extraordinaria A convocatoria extraordinaria consistirá nun examen final. Este examen valerá o 100% da nota.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2023-2024. No caso de conflito ou disparidad entre as datas dos
exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU |