Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Dirección estratéxica internacional Código O04G020V01603
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Organización de empresas e márketing
Coordinador/a
Vázquez Abad, Jesús
Correo-e jabad@uvigo.es
Profesorado
Vázquez Abad, Jesús
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral Nestes últimos anos as empresas tiveron que transformarse a fin de adaptarse aos cambios imperantes (novas tecnoloxías, comunicacións, mercados, comercio, formas de traballo, fontes de financiamento, protección do medio ambiente, etc.) que aceleraron o proceso de globalización do sistema económico mundial. Todo iso está a orixinar importantes consecuencias para a actividade das empresas, que ven obrigadas, cada vez máis, a actuar nos mercados internacionais.
Por iso, é preciso estudar e coñecer os factores que conducen á globalización dos negocios e, sobre todo, as estratexias de desenvolvemento máis adecuadas para facer fronte a esta nova realidade. Entender e elixir a estratexia de entrada nos mercados exteriores conforme á identificación do distintos risco aos que se expón, coñecer a localización das actividades da cadea de valor, comprender as estratexias de comercialización dos produtos ou servizos, analizar o risco (país, político, económico, financeiro, administrativo,...) asociado á elección do país máis idóneo, así como a xestión da distancia cultural entre países, son algúns dos obxectivos desta materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000