Na avaliación continua, cada proba puntua sobre 10 puntos, pero a ponderación é: Introdución e Contas Individuais 30% (exame de preguntas obxectivas), Contas Consolidadas 20% (resolución de problemas e/ou exercicios), Análise contable 30% (resolución de problemas e/ou exercicios), Traballo análise contas anuais 20% (resolución de problemas e/ou exercicios). Superará a materia o alumnado que obteña máis de 4 puntos en cada proba e cuxa nota media sexa igual ou superior a 5 puntos. O exame final permitirá mellorar a nota obtida na avaliación continua. Se o alumnado non supera as probas ou actividades pendentes no exame final, a nota máxima final da materia será de 4,5. Como alternativa ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar por ser avaliado cun exame final que representará o 100% da cualificación. Deberá obter un mínimo de 5 sobre 10 para aprobar. Na convocatoria final, o exame representará o 100% da cualificación, debendo obter un 5 sobre 10 para aprobar. As datas dos exames deberán consultarse na páxina web da Facultade. O horario de titorías estará dispoñible na plataforma MOOVI. |