Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Análise contable
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Evidencias de aprendizaxe a través dun conxunto de actividades propostas ao alumno para consolidar o seu proceso de aprendizaxe durante o curso académico e avaliadas en grupo reducido con carácter voluntario. Avaliación de habilidades de traballo en grupo e adaptación a contornas de traballo con especial énfasis no comportamento social 30 B3
B4
B5
D1
D3
Resolución de problemas Probas de resposta curta tipo test explicando a resposta de desenvolvemento. Resolución dunha proba escrita presencial, ao final do cuadrimestre, sobre a adquisición de competencias da materia. 40 B2
C6
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Probas de resposta curta ou tipo test para avaliar os coñecementos teóricos 30 B2
C6
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación nas convocatorias ORDINARIA e EXTRAORDINARIA consta de dúas alternativas:


1. AVALIACIÓN CONTINUA: Son probas de avaliación continua que requiren a presenza do alumno na aula. Todos os estudantes serán considerados en AVALIACIÓN CONTINUA salvo que soliciten a AVALIACIÓN GLOBAL entre o 29 de xaneiro e 29 de febreiro.

2.AVALIACIÓN GLOBAL: resolución dunha proba presencial escrita, ao final do cuadrimestre, sobre o coñecemento de todos os contidos da materia, habilidades prácticas e adaptación a novas situacións. 

No caso de non presentarse AVALIACIÓN GLOBAL, a nota que aparecerá na acta será a suma das probas de avaliación continua realizadas.

O conxunto de actividades formativas non presenciais só se avalían nas convocatorias correspondentes ao curso académico no que se desenvolven.

As datas e horarios das probas de AVALIACIÓN das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2022-2023 e presente na páxina web.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000