AVALIACIÓN CONTINUA Proba 1: Estudo de casos. Descrición: se irá cualificando ao longo do curso os traballos, exercicios e prácticas entregados en prazo a través da plataforma Moovi. Realización nos grupos medianos. Cualificación: 40% da nota da materia Proba 2: Traballo/proxecto. Descrición: Realización dun proxecto sobre un tema. Se cualificará o traballo desenvolvido ao longo do curso e a entrega final coa presentación. Cualificación: 20% da nota da materia. Proba 3: Exame de preguntas obxectivas. Descrición: Proba que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Cualificación: 40% da nota da materia. Poderá valorarse adicionalmente calquera contribución realizada polo alumnado. Para superar a materia o alumnado deberá alcanzar como mínimo un 3.5 en cada parte o proba avaliada e polo menos un 5 (sobre 10) na nota global. Se non se aproba a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba ou parte, e a puntuación total é igual ou superior a 4.5, a cualificación en actas será 4.5. AVALIACIÓN GLOBAL Para o alumnado que opte pola avaliación global, a materia avaliarase cun exame teórico-práctico que supoñerá o 100% da nota da materia. A parte teórica consistirá nun exame de cuestións obxectivas (50% da cualificación total) e aparte práctica en resolución e cuestións prácticas (50% da cualificación total). Para aprobar a materia, o alumnado non poderá ter menos dun 3.5 sobre 10 en cada unha das partes da proba (teórica e práctica) e polo menos un 5 (sobre 10) na nota global. AVALIACIÓN 2ª EDICIÓN DE ACTAS O alumnado de avaliación continua conserva a nota obtida nas probas 1 e 2 (estudo de casos e proxecto) sempre que non sexan inferiores 3.5 (se fosen inferiores o alumnado terá a oportunidade de presentar traballos extra para alcanzar o aprobado) e pode realizar unicamente a proba 3 (exame). Para superar a materia é necesario alcanzar un mínimo de 3.5 en cada unha das probas para que fagan mediae polo menos un 5 (sobre 10) na nota global. A o alumnado de avaliación global aplicaráselle o mesmo sistema de avaliación que se aplicou na 1ª edición de actas. OUTROS AVISOS SOBRE A AVALIACIÓN O alumnado matriculado manifestará formalmente a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. En todo caso, aínda que non exista manifestación formal, considerarase que o alumno/a opta polo sistema de avaliación continua coa entrega da primeira práctica correspondente á proba 1 (estudo de casos). Seguindo a normativa aprobada pola facultade, o prazo para mudar ao sistema de avaliación global será ata o 11 de outubro. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual |