Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Decisións de financiamento
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Valoración de activos/O04G020V01604
Mercados financeiros/O04G020V01909


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Empresa: Matemática das operacións financeiras/O04G020V01202
Decisións de investimento/O04G020V01402
 
Outros comentarios
-Os temas teóricos e os boletíns de exercicios de cada tema poñeranse ao dispor do alumnado na plataforma de teledocencia Moovi. Os boletíns de exercicios iranse solucionando na aula. Si ben a docente podería mandar resolver ó alumnado algún dos exercicios fora da aula. -O horario e tipo de titorías atópase publicado tanto no perfil da docente na páxina web da FCETOU como no documento da presentación da materia que aparece colgado na plataforma de teledocencia Moovi. -As datas e horarios das probas de A.G. (de primeira e segunda oportunidade) serán as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Facultade para o curso actual. Estas poden ser consultadas na páxina web da FCETOU no apartado de Docencia-Exames. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. -A materia de decisións de financiamento tamén se imparte no PCEO de ADE-Informática (6º curso-1º cuadrimestre) e no PCEO ADE-Dereito (5º curso-1º cuadrimestre). -Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa). - Matrícula de honra: o artigo 33 do Regulamento sobre avaliación da Uvigo establece que pode concederse a mención de «matrícula de honra» ao alumnado que obtivese unha cualificación igual ou superior a 9, sen que o número destas poida do 5% dos matriculados na materia do correspondente curso académico (téñase en conta que a materia de Decisións de Financiamento impártese en 3 titulacións, ADE, ADE-Dereito e ADE-Informática, a norma aplícase para cada titulación). Se o número de alumnado matriculado fose inferior a 20 poderase conceder 1 matricula de honra. Outorgar matrícula de honra é unha decisión persoal que tomará a docente. - Xustificantes non asistencia a probas por enfermidade: se por circunstancias excepcionais algún alumno non puidese asistir a algunha das probas con data estipulada da materia deberá achegar xustificante debidamente acreditado polo centro médico ou facultativo do día da proba para que se lle poida repetir noutra data (normativa Uvigo).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000