Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Decisións de financiamento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución individual de duas probas ao longo do cuadrimestre sobre a parte práctica da materia (cada unha destas probas representa un 30%). 60 B1
B2
B10
B13
B14
C1
C2
C6
C7
C8
C12
C15
D5
Exame de preguntas obxectivas Resolución en pequenos grupos o longo do cuadrimestre de dúas actividades prácticas propostas na aula que serán avaliadas mediante un cuestionario test (cada proba representa un 5%).
Resolución individual ao final do cuadrimestre dunha proba test teórico-práctica sobre os coñecementos adquiridos na materia, mediante cuestionario de preguntas obxectivas (30%).
40 B1
B2
B3
C1
C2
C6
C7
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Avaliación Continua (A.C.) será a considerada por defecto e levarase a
cabo mediante a realización dun conxunto de probas na aula que se especificarán
a continuación. O alumnado pode elixir alternativamente a Avaliación Global
(A.G.), para cambiar a este tipo de avaliación o prazo estipulado polo centro, entre o 11 de setembro e o 11 de octubro, deberá comunicarse á docente.



O método de avaliación exposto no apartado anterior desta guía, denominado
con `Avaliación´, é para a A.C.



AVALIACIÓN CONTINUA (A.C.): constará das seguintes probas: 1) Dúas probas
individuais con exercicios prácticos, 3 puntos cada proba (*). 2) Dúas actividades prácticas a solucionar en pequenos grupos (poderíase necesitar folla de cálculo Excel) e serán avaliadas mediante cuestionario de preguntas obxectivas, 0,5 puntos
cada proba. 3) Un test de preguntas obxectivas teórico-práctico individual sobre
todos os temas da materia que se realizará na data do exame final oficial de
xaneiro, valor 3 puntos. Non se require nota mínima nas probas descritas.
Considérase superada a materia en A.C. se o alumnado alcanza 5 puntos dos 10
totais que valen as distintas probas anteriormente especificadas. En caso
contrario, a nota na acta de xaneiro sería de suspenso (NP no seu caso). A nota
obtida nas probas de A.C. realizadas entre setembro e decembro gárdanse para a
convocatoria de xuño/xullo. A especificación do contido temático das probas de
A.C. e as datas das mesmas incluiranse no cronograma das probas de A.C. que
será publicado na web do centro.



As dúas primeiras probas detalladas e sinaladas con (*) son de asistencia
obrigatoria en A.C.; o alumnado que non se presente a estas probas nas datas
previstas no cronograma das materias publicado na web do centro, implica que
deixa de seguir a A.C. Por tanto, no momento que deixe de asistir a algunha das
probas de A.C. obrigatorias xa non podería seguir presentándose ao resto das
probas pendentes de celebrarse. O que si podería este alumnado, se así o
considera, é presentarse á proba de `Avaliación Global (A.G.) de carácter
final´, exame de avaliación sobre a totalidade da materia que leva a cabo nas
datas das convocatorias oficiais de xaneiro e xuño/xullo aprobadas pola Xunta
de Centro e publicadas na páxina web da FCETOU (exame de 10 puntos sobre a
totalidade da materia).



Por outra banda, permítese ao alumnado renunciar á nota obtida durante o
cuadrimestre na A.C. (nota total das probas realizadas entre setembro e
decembro) e presentarse á proba de `Avaliación Global (A.G.) de carácter final´,
sobre a totalidade da materia (exame de 10 puntos), que se leva a cabo na data
da convocatoria oficial de xaneiro aprobada pola Xunta de Centro e publicada na
páxina web da FCETOU. A nota para considerar na acta da convocatoria de xaneiro
para o alumnado que se acolla a esta última opción será sempre a desta última
proba. Se o alumnado non superase este exame de 10 puntos na convocatoria de
xaneiro poderá volver presentarse na convocatoria oficial de xuño/xullo a un
novo exame na mesma modalidade (é dicir, A.G., exame a 10 puntos sobre a
totalidade da materia).

AVALIACIÓN GLOBAL (A.G.) de carácter final: nas datas das convocatorias
oficiais de xaneiro e xuño/xullo aprobadas pola Xunta de Centro e publicadas na
páxina web da FCETOU, aquel alumnado que non seguiu a A.C., que elixiu no prazo
estipulado polo centro a A.G. ou que como xa se comentou decidise renunciar á
nota que obtivo nas probas A.C., poderá realizar un exame sobre toda a materia
(100% da materia, de valor 10 puntos). Este exame conterá unha parte cun test
de preguntas obxectivas teórico-prácticas sobre todos os temas da materia (3,5
puntos) e outra parte con exercicios prácticos (6,5 puntos).



CONVOCATORIA DE FIN DE CARRERA: a
proba desta convocatoria supoñerá o 100% da cualificación, valor 10 puntos e
cuxo formato será similar ao proposto para a proba de `A.G. de carácter final´
xa descrita.

Outras apreciacións:

-Para a solución dalgúns
dos exercicios ben expostos pola docente ou para que solucione o alumnado na
aula deberase utilizar a folla de cálculo Excel. A finalidade é traballar as
habilidades prácticas nesta aplicación informática, tal e como se estipula na
habilidade B3 do apartado «Resultados de formación e aprendizaxe» desta guía docente.



-As especificidades da materia serán
desenvolvidas e publicadas na plataforma de teledocencia Moovi. Neste sentido,
todos os comentarios realizados anteriormente sobre a avaliación da materia
estarán detallados e colgados de forma permanente nun documento na plataforma
de teledocencia Moovi para que o alumnado teña acceso aos mesmos de forma
rápida, sinxela e directa durante o curso.



-As diferenzas entre sistemas de
avaliación e metodoloxías entre os distintos centros que imparten o Grao en
Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Vigo, xustifícanse
pola necesaria adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de
aprendizaxe e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións
docentes de cada centro, especialmente en canto ao tipo de grupos, e número
medio de alumnado por grupo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000