A materia Contabilidade Financieira II completa os coñecementos adquiridos polo alumno na materia Contabilidade Financieira I do primeiro cuadrimestre do 2º curso de ADE, centrándose no estudo da contabilización das operacións vinculadas ao ciclo de capital, introducindo ao alumno no estudo da contabilidade por razón do suxeito, a través da problemática contable específica das sociedades, e o estudo dos activos correntes.Con todo isto o alumno terá un coñecemento completo do modelo contable español.