O alumnado poderá elixir ser avaliado
mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou
alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global
(AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o
procedemento e o prazo establecido polo Centro. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar. A evaluación
continua consta de catro probas, consistentes en dous exames escritos de
carácter teórico - práctico. Cada un dos exames pondera un 40% e é necesario sacar
unha calificación de 5 en cada un deles para aprobar e facer media cas demais
probas. Outra proba será a realización das actividades plantexadas polo
profesor nos GPs e a elaboración dun traballo onde se recollan os contidos aprendidos nestes seminarios. Esta proba pondera un 10%. Para poder optar a esta calificación o alumno debe asistir como mínimo a 3 das 5 sesións plantexadas. A última proba consistirá na
realización de cuestionarios on line que o profesor irá plantexando ó longo do
cuadrimestre a través da plataforma MOOVI. Esta proba pondera un 10%, e o
alumno que non poida ou non queira realizar algún ou todos os cuestionarios,
perderá a cualificación correspondente a cada un deles, sin que se teña opción
a recuperalos. Se un estudante
suspende un ou os dous exames parciais plantexados (os que representan o 80% da
nota), poderase presentar a convocatoria oficial de xuño ca proba ou probas
suspensa/s. Aqueles
estudantes que optaron pola evaluación continua, e teñen os exames paciais
aprobados, en xuño serán evaluados cas notas obtidas nos exámenes e nas
demáis probas. Se o alumno non aprobou algún exame parcial e se presenta en xuño ten que sacar un 5 para facer
media; en caso de non obtelo porase a nota obtida neste exame. Os alumnos que
opten pola avaliación global serán avaliados a través da realización dun examen teórico -práctico e calificados ca nota que saquen no
correspondente exame. Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade poderán ser avaliados de novo na
segunda oportunidade a través dunha proba teórico-práctica que suporá o 100% da nota. Esta guía e orientativa e esta suxeta a
modificacions se o longo do curso se estiman necesarias. As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso académico. No caso de conflito ou disparidad entre
as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |