Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Estatística: Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de probas sobre as prácticas 40 B3
B13
B14
C7
C9
C10
C12
C16
D3
D4
D5
Práctica de laboratorio Probas de avaliación da materia 40 B1
B2
B13
B14
C7
C9
C10
C12
C16
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Realización de probas de cada tema. 20 B13
B14
C7
C9
C10
C12
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segundo o procedemento e o período establecido polo centro, o alumnado deberá decidir o seu método de avaliación entre os seguintes:

  • AVALIACIÓN CONTINUA: Constará das probas e ponderacións establecidas na táboa superior, tendo en conta que:
    • O alumnado que alcancen unha nota ponderada inferior a 5 ptos. (sobre 10) terán a obriga de ir a unha proba final que representará o 100% da nota final. O alumnado nesta situación que non asista a esta proba final terá a cualificación final de "Non presentado".
    • O alumnado que alcance unha nota ponderada igual ou superior a 5 ptos. (sobre 10) será cualificado en actas con esta nota final, salvo que se presenta a proba final, caso no que será calificado coa nota que obteña nesta proba.
    • As actividades de avaliación continua a realizar dependerán do número de estudantes, medios para traballar, etc. O alumnado estará correspondentemente informado de calquera cambio que se puidese producir debido a situacións imprevistas.
    • Poderanse implementar metodoloxías alternativas para determinar si o alumnado pode ou non seguir coa avaliación continua.
  • AVALIACIÓN GLOBAL: Constará dun exame final, cunha ponderación do 100% da nota final e terá duas partes: unha parte de exercicios e outra de teoría e práctica con computador.

Para as convocatorias de Segunda Oportunidade e Fin de Carreira seguirase o método de avaliación global.

Aquel estudante que utilice ou coopere en procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ... ) nalgunha das actividades de avaliación terá unha calificación final de suspenso neste curso académico. Este feito lle será comunicado a autoridade competente para que tome as correspondentes accións disciplinarias que considere oportunas

As datas e horarios das probas de avaliación dos diferentes períodos son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobados pola Xunta de Centro para o curso actual.

A continuación, con fins meramente informativos e para facer constar a adecuación desta avaliación á memoria do grao, indicamos os rangos de ponderacións establecidos en devandita memoria:
  • Exame de preguntas obxectivas: rango entre 10% e 40%. Ponderación aplicada: 20%
  • Resolución de problemas e/ou exercicios: rango entre 40% e 70%. Ponderación aplicada: 40%
  • Prácticas de laboratorio (informático): 40%. rango entre 10% e 40%. Ponderación aplicada: 40%
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000