Práctica de laboratorio |
Probas de avaliación da materia |
40 |
|
B1 B2 B13 B14
|
C7 C9 C10 C12 C16
|
D3 D4
|
Segundo o procedemento e o período establecido polo centro, o alumnado deberá decidir o seu método de avaliación entre os seguintes: - AVALIACIÓN CONTINUA: Constará das probas e ponderacións establecidas na táboa superior, tendo en conta que:
- O alumnado que alcancen unha nota ponderada inferior a 5 ptos. (sobre 10) terán a obriga de ir a unha proba final que representará o 100% da nota final. O alumnado nesta situación que non asista a esta proba final terá a cualificación final de "Non presentado".
- O alumnado que alcance unha nota ponderada igual ou superior a 5 ptos. (sobre 10) será cualificado en actas con esta nota final, salvo que se presenta a proba final, caso no que será calificado coa nota que obteña nesta proba.
- As actividades de avaliación continua a realizar dependerán do número de estudantes, medios para traballar, etc. O alumnado estará correspondentemente informado de calquera cambio que se puidese producir debido a situacións imprevistas.
- Poderanse implementar metodoloxías alternativas para determinar si o alumnado pode ou non seguir coa avaliación continua.
- AVALIACIÓN GLOBAL: Constará dun exame final, cunha ponderación do 100% da nota final e terá duas partes: unha parte de exercicios e outra de teoría e práctica con computador.
Para as convocatorias de Segunda Oportunidade e Fin de Carreira seguirase o método de avaliación global. Aquel estudante que utilice ou coopere en procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ... ) nalgunha das actividades de avaliación terá unha calificación final de suspenso neste curso académico. Este feito lle será comunicado a autoridade competente para que tome as correspondentes accións disciplinarias que considere oportunas As datas e horarios das probas de avaliación dos diferentes períodos son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobados pola Xunta de Centro para o curso actual.
A continuación, con fins meramente informativos e para facer constar a adecuación desta avaliación á memoria do grao, indicamos os rangos de ponderacións establecidos en devandita memoria: - Exame de preguntas obxectivas: rango entre 10% e 40%. Ponderación aplicada: 20%
- Resolución de problemas e/ou exercicios: rango entre 40% e 70%. Ponderación aplicada: 40%
- Prácticas de laboratorio (informático): 40%. rango entre 10% e 40%. Ponderación aplicada: 40%
|