A materia MATEMÁTICA DAS OPERACIÓNS FINANCEIRAS introduce ao alumno na lóxica da valoración financeira, indispensable para a toma de decisións e a correcta interpretación da información no ámbito das Finanzas e a Contabilidade.
Baixo o principio básico do valor do diñeiro no tempo, o alumno coñece, comprende e aplica a metodoloxía matemática-financeira á análise e avaliación das operacións financeiras máis frecuentemente contratadas nos mercados, prestando especial atención ao cálculo de custos e de rendementos reais.