Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Realizaranse pequenas probas grupales ou de carácter individual para a avaliación das competencias apuntadas. 10 B13
C16
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de dúas probas escritas sobre as adquisición de competencias e destrezas na práctica da materia. Cada proba suporá un peso do 30% da nota final. 60 B13
C7
Exame de preguntas obxectivas Resolución dunha proba escrita presencial sobre a teoría da materia (poderán ser preguntas de desenvolvemento, preguntas cortas, de verdadero/falso, tipo test...) 30 B1
B2
C9
C12
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira convocatoria:

Os alumnos poderán optar alternativamente por seguir dous tipos de avaliación: continua ou avaliación global. A avaliación continua é o sistema preferente de avaliación. Non obstante, o alumnado poderá no periodo do 29 de xaneiro a 29 de febreiro informar ao profesorado da materia se quere mudar de avaliación continua a avaliación global.

Avaliación continua, composta polo conxunto das probas seguintes:
- Probas descritas obxecto de calificación que configurarán o 70% da nota: pequenas probas en GP que supoñen o 10% da nota e dúas probas prácticas que supoñen cada unha un 30% da nota. Non se requiren mínimos.
- Proba escrita de teoría, que configura o 30% restante da nota. Este celebrarase ao final do cuadrimestre. Non se requiren mínimos. Haberá que obter entre todas as probas un 5 para superar a materia, pero non hai mínimos en cada unha delas.
Adicionalmente, poderá valorarse até 1 punto a participación activa na clase mediante a resolución de exercicios na lousa ou outras actividades académicas propostas pola docente.

Avaliación Global: Para alumnos que non seguiron a avaliación continua durante o curso ou que seguíndoa deciden renunciar á mesma e presentarse por esta opción. Neste caso, na segunda convocatoria, deberán tamén presentarse por avaliación global. Serán avaliados cun exame de carácter global, valorado sobre 10 puntos,sobre os coñecementos de todos os contidos teóricos da materia,destrezas na práctica e adaptación ás novas situacións. Poderán esixirse mínimos na parte teórica e / ou na parte práctica.

Segunda convocatoria:

Para alumnos que seguiron a avaliación continua e non alcanzaron o 5: Poderán presentarse a proba teórica valorada sobre 3 puntos, manténdose a cualificación das notas obtidas na parte práctica que supoñía en total dun 70% da nota.
Para alumnos que se presentan a avaliación global ou renunciaron a ela na primeira convocatoria: Serán avaliados cun exame de carácter global, valorado sobre 10 puntos, sobre os coñecementos de todos os contidos da materia,destrezas na práctica e adaptación ás novas situacións. Poderán esixirse mínimos na parte teórica e /ou na parte práctica.
As datas e horarios das probas de avaliación son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Facultade para o curso actual.
As probas de avaliación prevense para unha modalidade presencial. No entanto,
chegado o momento da súa realización ante a imposibilidade de
dispor dos espazos e/ou profesorado necesario para realizar as mesmas,
estas poderían realizarse de forma non presencial, ben a través dos distintos
recursos telemáticos dispoñibles na Uvigo (plataforma Moovi), correo
electrónico ou no seu caso, mediante probas de forma oral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000