Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de tres probas escritas sobre a adquisición de competencias e destrezas na práctica da materia. As dúas primeiras probas suporá cada unha un peso do 27,5% da nota final. A terceira suporá un peso do 25% da nota final.
Segundo a memoria da titulación atópase entre o rango inferior do 60% e o rango superior do 90%
80 B13
C7
Exame de preguntas obxectivas Resolución de tres probas escritas presenciais sobre a teoría da materia (poderán ser preguntas de desenvolvemento, preguntas curtas, de verdadeiro/falso, tipo test...) As dúas primeiras probas suporá un peso cada unha do 7,5% da nota final. A terceira suporá un peso do 5% da nota final.
Segundo a memoria da titulación atópase entre o rango inferior do 10% e o rango superior do 20%
20 B1
B2
C9
C12
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para todas as probas (avaliación continua, global e fin de
carrera) o alumnado debe presentarse con puntualidade e acreditar
debidamente a súa identidade.
Ademáis debe ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado | Secretaría Online Universidade de Vigo (uvigo.gal)

Primeira convocatoria:

Os alumnos poderán optar alternativamente por seguir dous tipos de avaliación: continua ou avaliación global. A avaliación continua é o sistema preferente de avaliación. No entanto, o alumnado poderá no período do 21 de xaneiro a 28 de febreiro informar o profesorado da materia quérese cambiar de avaliación continua a avaliación global.

A avaliación continua, composta polo conxunto das 3 probas seguintes ás que é obrigatorio asistir:
- Proba teórico-práctica sobre os temas 1 e 2 valorada en 3,5 puntos (35% da nota final: 0,75 puntos será teoría e 2,75 puntos será práctica).
-Proba teórico-práctica sobre os temas 3 e 4 valorada en 3,5 puntos (35% da nota final: 0,75 puntos será teoría e 2,75 puntos será práctica).
-Proba teórico-práctica sobre os temas 5 e 6 valorada en 3 puntos (30% da nota final: 0,5 puntos será teoría e 2,5 puntos será práctica). É necesario obter un mínimo de 1 punto para poder superar a materia. Esta proba realizarase na data oficial do exame da primeira convocatoria.
Se non se alcanza o mínimo nesta última proba, se estará suspenso na materia (aínda que a suma das tres probas sexa superior a 5, nese caso na acta se porá un 4,9). Neste caso excepcional, se poderá recuperar esa única parte na data da segunda convocatoria. Se non se alcanza o mínimo de 5 entre as 3 probas (sempre superando o mínimo da terceira proba), se estará suspenso na materia en primeira convocatoria e se deberá ir á segunda convocatoria con toda a materia.
Adicionalmente, se poderá valorar até 1 punto a participación activa na clase mediante a resolución de exercicios na lousa ou outras actividades académicas propostas pola docente.

Avaliación Global: Para alumnos que non seguiron a avaliación continua durante o curso. Serán avaliados cun exame de carácter global, valorado sobre 10 puntos, sobre os coñecementos de todos os contidos teóricos da materia, destrezas na práctica e adaptación ás novas situacións. Poderán esixirse mínimos na parte teórica e / ou na parte práctica.

Segunda convocatoria e fin de carreira:
Serán avaliados cun exame de carácter global, valorado sobre 10 puntos,
sobre os coñecementos de todos os contidos teóricos da materia,
destrezas na práctica e adaptación ás novas situacións. Poderán esixirse
mínimos na parte teórica e / ou na parte práctica.
As datas e horarios das probas de avaliación son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Facultade para o curso actual.
As probas de avaliación se prevén para unha modalidade presencial. No entanto,
chegado o momento da súa realización ante a imposibilidade de dispor
dos espazos e/ou profesorado necesario para realizar as mesmas,
estas poderán realizarse de forma non presencial, ben a través dos distintos
recursos telemáticos dispoñibles na Uvigo (plataforma Moovi), correo electrónico ou no seu caso, mediante probas de forma oral.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000