O estudante será avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua. Entenderase que o alumno renuncia á avaliación continua si: - Sacase unha nota inferior a 2 puntos sobre 10 nalgún dos controis, - Obtivese unha nota inferior a 3.75 sobre 10 nun dos exames, - Non fixese un exame ou control sen causa xustificada, - Tamén se entenderá que renuncia á avaliación continua si, de forma reiterada, non entrega os boletíns ou non realiza os cuestionarios online (ou saca nalgún deles unha nota negativa). A renuncia da avaliación continua implica a imposibilidade de facer o exame parcial.
O estudante pode opta por unha Avaliación Global na que é avaliado mediante un exame final que lle permita alcanzar o 100% da nota máxima (avaliación global). Si decide esta última opción, ser avaliado só polo exame final, deberá comunicalo por escrito ao coordinador antes da data indicada por Decanato. O exame final constará de dous partes: a primeira corresponderase cos temas da primeira proba escrita da evaluación continua, e a segunda cos restantes temas do programa. Cada parte valorarase sobre 5 puntos. É condición necesaria obter como mínimo 3.75 puntos en cada parte para facer a media aritmética simple das cualificacións alcanzadas en cada parte.
Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a cinco puntos sobre dez.
As datas e horarios das probas de avaliación continua serán anunciadas en clase, por Moovi e por email con polo menos unha semana de antelación. O exame final das diferentes convocatorias son as especificadas en e calendario de probas de avaliación aprobada pola Xunta de Centro para o curso 2023-2024. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade.
Na convocatoria extraordinaria de Segunda Oportunidade mantense o mesmo sistema de avaliación que na convocatoria ordinaria. Na convocatoria de fin de carreira o exame suporá o 100% da avaliación. |