As prácticas externas constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polo alumnado universitario e supervisada polas universidades. O seu obxectivo principal neste máster é permitir que o estudante complemente e aplique os
coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo en xeral o
desenvolvemento das competencias necesarias para o exercicio das profesións da avogacía e da procura.