As prácticas externas constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polo alumnado universitario e supervisada polas universidades. O seu obxectivo principal neste mestrado é permitir que o estudante complemente e aplique os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo en xeral o desenvolvemento das competencias necesarias para o exercicio das profesións da avogacía e da procura.