"Práctica Tributaria" é unha materia que ten por obxecto proporcionar as competencias necesarias para resolver correctamente os problemas xurídico-tributarios que se lle expoñan ao profesional da avogacía.
En concreto, o alumnado deberá adquirir os coñecementos prácticos imprescindibles para a acertada aplicación dos tributos, a revisión de actos administrativos en materia tributaria e a competencia xurisdicional nos actos tributarios da Facenda estatal, autonómica e local.