1. Primeira edición de actas:
O estudante debe elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.
a) Avaliación continua.-
Para poder optar polo
sistema de avaliación continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un
80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en:
1.- A asistencia e participación activa nas clases presenciais, que representa o 25% da cualificación final.
2.- A realización dunha proba final que constará de dúas partes: 1ª) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.
2ª) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará 40% da cualificación final.
A data e a hora do
exame da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de
probas de avaliación, aprobado pola Comisión Académica do Mestrado para o presente curso académico.
b) Exame final.-
O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluído do
mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.
O exame constará de tres partes:
1ª) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.
2ª) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final.
3ª) Exposición e defensa púiblica do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións
que o estudante
que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 25% da cualificación final.
A data e a hora do
exame da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de
probas de avaliación, aprobado pola Comisión Académica do Mestrado para presente o curso académico.
2. Segunda edición de actas:
A.
O estudante que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo
no mesmo. Nestes casos, o exame constará de dúas partes: 1ª) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.
2ª) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final.
B.
O estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluído do
mesmo realizará un único exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.
O exame constará de tres partes:
1ª) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final.
2ª) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final.
3ª) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das
competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante
que se acolleu ao sistema de avaliación continua.
Esta proba representará o 25% da cualificación final. A data e a hora do
exame da segunda oportunidade serán as previstas no calendario de
probas de avaliación, aprobado pola Comisión Académica do Mestrado para presente curso académico. En todos os casos, as probas de avaliación permitirán valorar os resultados de formación e aprendizaxe da materia. As titorías do profesorado académico da materia poden consultarse nos seguintes enlaces: http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/roberto-ignacio-fernandez-lopez/ http://dereito.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/monica-siota-alvarez/ As titorías do profesorado profesional terán lugar baixo a modalidade de concertación previa.
|