Código |
Descrición |
B3 |
CON-03 Identificar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluindo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuita e a promoción da responsabilidade social da persoa que exerce a avogacía ou a procura. |
B4 |
CON-04 Recoñecer as situacións de conflito de intereses que poden producirse na práctica profesional. |
C4 |
HAB-04 Diferenciar, de forma clara e precisa, os intereses privados que representan aos/as profesionais do Dereito dos de carácter público, cuxa execución a lei e os tribunais encoméndanlle, para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais. |
C7 |
HAB-07 Confeccionar técnicas de traballo en equipo dirixidas a lograr unha maior eficiencia mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas. |
C8 |
HAB-08 Planificar a estrutura organizativa do despacho profesional en función dos recursos humanos que o integran e do tipo de clientes ao que se dirixa. |
C9 |
HAB-09 Desenvolver traballos profesionais en equipos especializados e interdisciplinares. |
D3 |
COMP-03 Incorporar os dereitos e deberes deontolóxicos da persoa que exerce a avogacía ou a procura nas relacións con clientes, outras partes, tribunais, autoridades e outros profesionais. |
D4 |
COMP-04 Coñecer e aplicar as técnicas mais pertinentes en cada caso dirixidas á identificación e liquidación de dereitos arancelarios, obrigacións tributarias, de constitución de depósitos xudiciais e de atención de cantos gastos e costas sexan necesarios para garantir a tutela xudicial efectiva dos dereitos das súas persoas representadas. |
D5 |
COMP-05 Crear a estrutura organizativa do despacho profesional en función dos recursos humanos que o integran e do tipo de clientes aos que se dirixe, e establecer un protocolo de xestión económica e fiscal para o despacho profesional, de compliance e de protección de riscos laborais e de datos de índole persoal. |