PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
9
OB
3
2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Dereito público especial
Coordinador/a
Fernández López, Roberto Ignacio
Correo-e
rfernandez@uvigo.es
Profesorado
Fernández López, Roberto Ignacio
Freire Gallego, Javier
Web
Descrición xeral
O "Dereito Financeiro e Tributario I" é unha materia que ten por finalidade o estudo da ordenación xurídica dos ingresos e gastos públicos, así como das relacións xurídicas que xorden entre a Administración e os particulares.
A materia obxecto de estudo estrutúrase en tres grandes apartados. Dun lado, o primeiro apartado serve de introdución ao estudo do Dereito Financeiro, destacando a análise das fontes desta rama xurídica e do poder financeiro nos tres niveis de Facenda (Estado, Comunidades Autónomas e Corporacións Locais). Un segundo apartado dedica especial atención ao Dereito orzamentario, é dicir, ao estudo xurídico do ciclo do gasto público. Por último, o terceiro apartado correspóndese coa denominada "Parte xeral" do Dereito Tributario, a cal -á súa vez- enfróntase por separado ao estudo do tributo e a obrigación tributaria, á interpretación e aplicación dos tributos, ao dereito sancionador tributario e, finalmente, á revisión dos actos administrativos tributarios, contidos todos eles cuxo coñecemento resulta imprescindible antes de abordar a "Parte especial" do Dereito Tributario ("Dereito Financeiro e Tributario II"), que completa a formación do estudantado no que atinxe ás materias obrigatorias de Dereito Financeiro.